Pódome despedir durante a baixa médica?

Publicado: 24 de novembro de 2021, 11:30
  1. Dereito laboral

Poden despedirme estando de baixa médica?

Esta é unha pregunta que todo traballador se fixo algunha vez e a maioría da poboación ten a crenza, errada, de que estando de baixa médica non poderán despedirnos baixo ningún concepto. Consideramos así que, unha vez cursamos a baixa médica sexa por continxencias comúns ou continxencias profesionais, nos atopamos, dalgún xeito, blindados fronte a calquera tipo de despedimento.

Pois ben, a resposta, por sorprendente que pareza, é que SI. Efectivamente, poden despedirnos mentres nos atopamos de baixa médica. Isto é, o feito de que un traballador se atope en situación de incapacidade temporal (baixa médica) non impide que poida ser despedido. 

 

Pero, en calquera caso? NON. 

Para que poidan despedirnos en situación de baixa médica deberán darse unhas particularidades que imos comentar aquí.

Unha vez temos asentado que estando de baixa médica nos poden despedir... que é o que nos interesa? Pois si, interésanos o por qué nos poden despedir.

Para determinar que causas poden e non poder ser obxecto de despido debemos diferenciar dúas situacións:

 

1.       En primeiro lugar, que a empresa proceda ao teu despedimento alegando xustamente a túa situación de incapacidade temporal. Isto NON é posible, se así o fixese o despido sería considerado improcedente (ou mesmo nulo nalgunhas ocasións).

Isto que supón? Supón que unha vez impugnes o despido ante o xulgado alegando a súa improcedencia, terás dereito a unha indemnización de 33 días por ano (pola antigüidade xerada despois de febreiro do 2012) e de 45 días por ano (pola antigüidade xerada antes desa data). 

No caso de que o despedimento sexa considerado nulo, o traballador terá dereito a reincorporarse á empresa con abono dos salarios deixados de percibir (salarios de tramitación). 

 

2.       En segundo lugar, cabe a posibilidade de que a empresa proceda ao teu despedimento sobre a base de causas obxectivas (económicas, técnicas, organizativas ou de produción) ou ben por causas disciplinarias. Isto SI é posible. 

 

E que supón que me despidan por causas obxectivas ou disciplinarias?

Se o despido fose por causas obxectivas terías dereito a indemnización, aínda que esta é notablemente inferior á do despido improcedente. Corresponderíache unha indemnización de 20 días por ano traballado.

Se se procedese a un despedimento disciplinario non terías dereito a ningún tipo de indemnización. 

 

Problema:

Resulta evidente que o feito de que un traballador se atope en situación de incapacidade temporal (baixa médica) segue supoñendo un custe salarial para a empresa, sen que isto lle xere ningún tipo de beneficio ao non estar o traballador prestando servizos e por tanto, non dar rendabilidade á empresa. 

Á vista desta situación, moitas empresas, sobre todo cando se trata de incapacidades temporais que se prevé que vaian prolongarse no tempo, optan por enmascarar despidos que verdadeiramente teñen a súa causa na enfermidade do traballador, baixo a aparencia de falsos despedimentos obxectivos ou disciplinarios, carentes de toda xustificación. 

 

O que debes facer ante esta situación:

Se te atopas nesta situación e sospeitas que a verdadeira causa do teu despedimento non é a alegada pola empresa, senón precisamente a túa situación de incapacidade temporal, o primeiro que debes facer é contactar cun avogado laboralista de maneira inmediata. 

 

Por qué? 

Porque debes proceder a impugnar de maneira inmediata o despido e existe un prazo de 20 días hábiles para facelo, que comezan a contar dende a data de efectos da extinción da relación laboral (dende a data de efectos do despedimento). Unha vez pase este prazo sen que impugnes o despedimento terías perdido o teu dereito. 

 

Agardo que esta publicación fose do voso interese. Se tes algunha dúbida podes deixarma en comentarios ou ben contactar comigo:

-          A través do formulario de contacto da páxina web.

-          No meu WhatsApp: 656283486

Noticias relacionadas

Opcións dos traballadores ante a mobilidade xeográfica 16 Feb

Opcións dos traballadores ante a mobilidade xeográfica

16/02/2022 Dereito laboral
Que é a mobilidade xeográfica? Considérase que existe mobilidade xeográfica cando un traballador (que non fose contratado para prestar os seus servizos en centros de traballo móbiles ou itinerantes) se despraza ou se traslada a outro centro de traballo en distinta localidade que requira un cambio
Despedíronme por WhatsApp. É iso posible? 21 Xan

Despedíronme por WhatsApp. É iso posible?

21/01/2022 Dereito laboral
O certo é que a xeralización entre a poboación do uso de aplicacións móbiles e redes sociais leva inevitablemente a que as novas tecnoloxías incidan directamente na relación laboral e nas comunicacións entre traballadores e empresas e viceversa. De feito, as conversacións mantidas por WhatsApp e
Arraigo para a formación. A nova forma de regularizar a túa situación en España tras a reforma do Regulamento de Estranxeiría 17 Ago

Arraigo para a formación. A nova forma de regularizar a túa situación en España tras a reforma do Regulamento de Estranxeiría

O arraigamento para a formación xa se pode solicitar a partir do pasado 16 de agosto deste ano 2022 e neste curto período de tempo xa se está a converter na maior reivindicación da reforma migratoria por parte dos estranxeiros que se atopan en situación irregular en España. Neste post imos
Intereses usurarios no financiamento de vehículos 30 Mar

Intereses usurarios no financiamento de vehículos

30/03/2022 Dereito de consumo
Actualmente son moi poucas as persoas que aínda non teñan oído falar da existencia de intereses usurarios en diferentes tipos de produtos bancarios, sendo un dos máis comúns as coñecidas como tarxetas revolving. Non obstante, como consumidor debes saber que as tarxetas revolving non son os únicos